Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Unha verdade incómoda...

Rajoy non cre no cambio climático


Etiquetas: medio ambiente, cambio climático, Rajoy

Xeración /Axencias.

O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, restoulle importancia ao cambio climático, argumentando que hay problemas máis importantes e que este asunto non se pode converter no "gran problema mundial".

O líder da oposición e candidato á presidencia do Goberno cargaba así contra outra das bazas electorais do Goberno, que recentemente se sumou ao tema ecolóxico de moda. O Executivo anunciou nas últimas semanas que proxectaría nos centros de ensino o documental de Al Gore Unha verdade incómoda, para concienciar aos rapaces do problema do arrequecemento global.

Mariano Rajoy, en cambio, amósase escéptico co tema do cambio climático, segundo se desprende dunhas valoracións feitas durante a súa intervención no Congreso Nacional da Empresa Familiar en Palma de Mallorca. Precisamente, este encontro contaba coa presenza de Al Gore, que presentaba alí o seu multipremiado documental.

'Se non se pode predicir nin o tempo...'
Cando ao líder da oposición se lle preguntou sobre esta cuestión, asegurou que "hai moitos debates e opinións moi encontradas sobre o cambio climático". Rajoy declarou que "é un asunto sobre o que hai que estar moi atentos, pero non o podemos converter nun gran problema mundial", ao recalcar que hai asuntos máis preocupantes.

O presidente dos populares aludiu entón a un primo seu catedrático de Física na Universidade de Sevilla, que lle comentou que "tras reunir aos dez mellores científicos do mundo, ningún puido decirme o tempo que ía facer mañá en Sevilla". Baseándose neste argumento, Rajoy considera que "¿como alguén é capaz entón de predicir o que vai pasar no mundo dentro de 300 anos?".

''Irresponsable'', segundo os ecoloxistas
As asociacións ecoloxistas Greenpeace, WWF/Adena e Ecologistas en Acción criticaron a Mariano Rajoy polas súas declaracións e acusárono de "irresponsable, por tratar de negar unha evidencia científica como o cambio climático".

As tres organizacións reclamaron ao PP que explique as medidas concretas en materia medio ambiental que recollerá o seu programa electoral e lembraron que para outros líderes conservadores europeos, como Angela Merkel, o cambio climático ocupa "os primeiros postos da súa axenda".

"É lamentable que alguén con opcións de chegar ao Goberno non teña coñecementos sobre esta cuestión", afirmou o director executivo de Greenpeace, Juan López Uralde. "É unha realidade demostrada, e o panel do IPCC atribúe a súa existencia á actividade humana", engadiu.

22/10/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Mariano Rajoy, nunha foto de arquivo (S. Daponte. AGN)
Mariano Rajoy, nunha foto de arquivo (S. Daponte. AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso