Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Perde o xuízo

Pecha a compostelana Sala Yago


Etiquetas: teatro, Santiago

Eliana Martíns (Santiago).

Unha sentenza obriga a pechar unha das salas máis emblemáticas de Compostela. O 30 de xuño a Sala Yago deixará de funcionar definitivamente, porque os seus propietarios empeñáronse en recuperalo e non queren vendelo aos actuais inquilinos. A programación quedara suspendida a partir de xuño e agora xa se sabe por qué.

A Sala Yago, no corazón da Zona Vella Compostelana, tiña un contrato de aluguer dende 1997 cunha empresa que xa desapareceu, e os donos non quixeron renovar o acordo. Tras dous xuizos gañados polo xestores da sala que permitíu alongar a súa existencia durante 4 anos, a familia propietaria gañou un terceiro. Dende a sala descartan un recurso, polo que a partir do mes de xullo a Yago pechará as súas portas indefinidamente.

Reaccións
O anuncio do peche da Sala Yago está a recibir resposta por parte das institucións culturais, que pretenden tomar cartas no asunto. O concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, asegurou que o Concello "debe dar os pasos necesarios" para facerse coa titularidade do edificio.

Tamén a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, se comprometeu a estudar o asunto e amosou a súa disposición a colaborar, segundo informou a concellería de cultura de Compostela. Ademais, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) apoiou aos directores da Sala coa axilización do pagamento das subvencións a Teatro do Noroeste e Títeres Cachirulo.

Polo de agora, só queda aterse á resolución xudicial que ordea a Teatro do Noroeste e a Títeres Cachirulo a abandonar a sala. A codirectora da sala, Luma Gómez asegurou que se "sente frustración por non poder continuar co proxecto, pola perda dun equipo cohesionado, e polo público". A actriz asegurou que co peche da Sala se perden tamén cinco postos de traballo de empregados na Yago.

A dirección da Sala activou unha dirección de correo electrónico (dereitoapataleo@salayago.com) para que o público exprese a súa opinión sobre o peche, e remitirá os correos electrónicos "ás autoridades pertinentes".

15/05/2007

3'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso